Como estamos en outono, imos facendo unha recolleita de refráns e ditos desta estación. Aquí van algúns deles:
Outubro quente, inverno detente. (Mª Luz)
Se en setembro comeza a chover, outono seguro é. (Susana)
O sol de outono mata o seu dono. (Marco)
Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas, viño ou mosto. (Mateo)
Castañas , noces e viño fan as delicias do San Martiño. (Andrea)
Moita flor en primavera bon outono nos espera. (Joel).
Novembro, ditoso mes que entras con Todos os Santos e saes con San Andrés. (Inés B.)
Gústanme estes refráns.
ResponderEliminar